Biblioteca:
Propostas de normalización lingüística na administración local

A Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística


 

Capítulo Terceiro: do uso do galego na organización municipal


Artigo III

3.1 As actuacións internas do Concello faranse en galego.

3.2 As actas das sesións que realice o Concello en Pleno, a Comisión de Goberno e as Comisións informativas redactaranse en lingua galega. Igualmente redactaranse en galego as actas dos diversos padroados, Consellos e entidades con personalidade xurídica dependentes de este Concello.

3.3 A alcaldía e os rexedores, e tamén as diversas dependencias administrativas ou servicios, redactarán en lingua galega os dictames, informes e propostas que haxan de someterse á decisión ou coñecemento de calquera órgano corporativo municipal.

3.4 Tódolos impresos utilizados polos diferentes órganos do Concello de ......... redactaranse en galego.

3.5 Os rótulos indicativos de oficinas e despachos, as cabeceiras de toda clase de impresos, os selos de goma, os mataselos e outros elementos análogos han de estar escritos en galego.

3.6 As aplicacións e programas informáticas han de estar adaptadas para o funcionamento en lingua galega.


Artigo IV

4.1. Cando o Concello encargue estudios a terceiros, proxectos e traballos análogos ha de demandar que sexan realizados en galego.

4.2. O concello requerirá ós seus contratistas e provedores a prersentación da documentación en galego e que, na máxima medida posible, fagan uso do galego nos bens e nos servicios que sexan obxecto do contrato. Estes requisitos han de constar no Prego de Condicións dos contratos administrativos que aprobe o concello.


  Capítulo Segundo    |    Capítulo Cuarto