Biblioteca: Propostas de normalización lingüística na administración local A Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística | ||
Capítulo Segundo: ámbito de aplicación Artigo II 1. O uso da lingua galega por parte do Concello de ........ e dos organismos que del dependan -padroados, organismos autónomos, sociedades anónimas municipais, etc- hase rexer polos criterios establecidos nesta ordenanza. 2. As empresas adxudicatarias ou concesionarias, que actúan por conta deste Concello, así como as de explotación mixta farán o propio, e ha de facerse constar explicitamente nos documentos correspondentes. 3. O Concello de ......... velará para que a nivel interno e nas actividades en que participe -convenios, consorcios-, sexan aplicados os principios anteriores aquí establecidos. 4. O Concello de ...... mantén un Servicio de normalización lingüística co obxectivo de impulsa-la normalización do galego. Tódolos organismos anteriormente citados han de se axustar ós criterios de uso lingüístico que difunde o Servicio de normalización lingüística. | ||
Capítulo Primeiro | Capítulo Terceiro |