Biblioteca: Propostas de normalización lingüística na administración local A Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística | ||
Capítulo Noveno: topónimos, sinalizacións e rótulos Artigo XIX Consonte co dispón o artigo 10 da Lei 3/1983 de normalización lingüística, a única forma oficial dos topónimos do termo municipal do Concello de .......... é a galega. Artigo XX Os rótulos, sinalizacións da Casa do Concello, dos outros edificios e servicios públicos e da rede viaria municipal, dependente do Concello ou instalada polas súas empresas adxudicatarias ou concesionarias ou calquera outra entidade, serán redactadas en idioma galego. Cando o interese en xeral o requira tamén poderán redactarse en castelán ou outros idiomas. Artigo XXI O Concello de ....... velará pola normalización de toda a súa sinalización e rotulación; tomará as medidas necesarias para garanti-lo uso da toponimia oficial galega. | ||
Capítulo Oitavo | Capítulo Décimo |