Biblioteca: Propostas de normalización lingüística na administración local A Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística | ||
Capítulo Quinto: das relacións institucionais Artigo X 10.1. A documentación que o Concello dirixa a calquera das administracións públicas sitas no territorio galego redactarase en lingua galega. 10.2. As comunicacións do Concello dirixidas á Administración civil ou militar do Estado e á Xustiza dentro do ámbito lingüístico galego redactaranse en lingua galega, independentemente do feito que esta documentación ou os expedientes que con ela se relacionen teñan o seu efecto fóra deste ámbito. Artigo XI 11.1. Os documentos do Concello dirixidos ás Administracións públicas de fóra do ámbito lingüístico galego tamén se redactarán en galego, e se cómpre, expedirase unha copia na lingua propia do territorio onde vaia dirixida a documentación, ou en castelán. 11.2. As copias dos documentos do Concello redactadas en galego que haxan de enviarse a Administracións públicas de fóra do ámbito lingüístico galego tramitaranse en galego, achegando -de cumprir- a traducción á lingua propia ou oficial da administración respectiva, ou en castelán; coa indicación neste derradeiro caso de que o texto é traducción do orixinal galego. Artigo XII Respecto os documentos dirixidos directamente ós organismos centrais de ámbito estatal ou supraestatal, o Concello aterase o que prevén as disposicións vixentes, redactándoos sempre que sexa posible en galego. | ||
Capítulo Cuarto | Capítulo Sexto |