Biblioteca:
Propostas de normalización lingüística na administración local


 

A esixencia do coñecemento do galego para o acceso á condición de persoal ó servicio das corporacións locais de Galicia


A partir da promulgación das diferentes Leis de Normalización Lingüística, a lexislación do Estado así como a xurisprudencia, tanto do Tribunal Constitucional coma do Supremo, foron adaptándose para se axeitar ó disposto nas leis dos Parlamentos autonómicos respecto á incorporación e valoración do uso das linguas propias no acceso ás prazas da Administración Pública nas Comunidades Autónomas con lingua de seu.

Como resultado deste proceso, podemos concluír que nas oposicións e concursos-oposicións para o acceso á condición de persoal ó servicio das Corporacións Locais de Galicia, as probas de coñecemento do galego deben ter carácter xeral e obrigatorio para o acceso a tódalas prazas e poden ser eliminatorias ou non eliminatorias.

Dado que o nivel de coñecemento esixido debe basearse en probas obxectivas e ser adecuado ó posto de traballo que se vai desempeñar, a continuación reproducímo-la proposta de criterios xerais que, segundo a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, se deben ter en conta á hora de establecer e avaliar este tipo de probas.
  1. Que debe entenderse por demostra-lo coñecemento da lingua galega, tal e como expresa o artigo 33 da LFPG.
  2. Criterios para a determinación dos niveis. O plano oral e o plano escrito.
  3. Tipos de probas aplicables
    1. A situación actual
    2. Algunhas propostas
  4. A esixencia de coñecemento dos dereitos e deberes lingüísticos.


  Anterior    |    Seguinte