Biblioteca:
Propostas de normalización lingüística na administración local


 

O servicio e a comisión municipal de normalización lingüística. Algunhas medidas normalizadoras


Segundo a profesora Mª Teresa Cabré i Castellví, os servicios de normalización lingüística ou os servicios lingüísticos son "unidades de traballo, dentro dun organismo complexo, que organizan e resolven tódalas necesidades que o organismo ten sobre a lingua e os modelos lingüísticos que terá que utilizar para resolve-los seus documentos de traballo, para vehicula-las súas comunicacións co exterior e para relacionarse profesionalmente dentro do organismo, así como para contribuír á extensión social do uso da lingua propia".

Un organismo ou unha empresa que se preocupa por transmitir unha imaxe de calidade, ademais de coidar aspectos como a súa imaxe corporativa, a embalaxe dos seus productos ou a imaxe externa das súas instalacións, ten que coida-la lingua que utiliza para promociona-los seus productos e para relacionarse coa súa clientela ou cos seus provedores.

Unha Administración moderna, eficaz e ó servicio da poboación réxese por uns criterios moi semellantes, de aí que cada día se lle preste unha maior importancia a cuestións como a racionalización e simplificación dos procedementos, a información ó cidadán, a linguaxe que se utiliza nas comunicacións cos veciños e veciñas, etc.

Paralelamente, unha Administración ubicada nunha sociedade como a galega, cunha lingua de seu, ten que cuestionarse ademais o xeito máis efectivo de facer que o galego sexa a lingua normal de comunicación a tódolos niveis.

A constitución de servicios lingüísticos nas diferentes Administracións, incluída a local, é a forma máis idónea para dar resposta a estas necesidades.


Os cometidos dos servicios municipais de normalización lingüística

Organización

A comisión municipal de normalización lingüística

Propostas de posibles pasos a dar

O Plan Municipal de Normalización Lingüística


  Anterior    |    Seguinte