Biblioteca:
Propostas de normalización lingüística na administración local

O servicio e a comisión municipal de normalización lingüística. Algunhas medidas normalizadoras


 

Os cometidos dos servicios municipais de normalización lingüística


Seguindo os criterios da citada profesora, os Servicios de Normalización terán que desenvolve-lo seu labor fundamentalmente en dous grandes campos: o lingüístico e o sociolingüístico.

No eido lingüístico
  • Nunha primeira etapa, traducción de textos e documentos.
  • Corrección documental.
  • Deseño da documentación formal.
  • Normalización da denominación de cargos e funcións.
  • Elaboración de glosarios de termos e inventarios de fraseoloxía.
  • Resolución de consultas lingüísticas ou terminolóxicas.
  • Organización da capacitación lingüística do cadro de persoal.


No eido sociolingüístico
  • Elaboración das propostas de dinamización, regulación dos usos e perfís lingüísticos.
  • Información sobre o status legal da lingua e sobre os criterios de regulación do seu uso.
  • Elaboración e seguimento do Plan Municipal de Normalización Lingüística.
  • Coordinación con outros servicios lingüísticos.
  • Propostas de actuacións de dinamización lingüística.



  Seguinte