Biblioteca: Manual de comunicación comercial | ||
Claridade e simplicidade, ¿en que consiste? Consiste simplemente en enuncia-la mensaxe de xeito que a persoa á que nos dirixamos poida comprendela inmediatamente. En consecuencia, poder escribir de xeito claro e simple consiste en utilizar termos precisos e concretos, doados de entender polos potenciais destinatarios. É evidente que certos documentos poden dirixirse a uns destinatarios máis especializados mentres que outros van dirixidos ó público en xeral. En calquera caso, é fundamental que as comunicacións da empresa se caractericen por ser moi claras e comprensibles, evitando as reiteracións, os erros e as incertezas. | ||
Extremos a ter en conta |