Biblioteca:
Manual de comunicación comercial


 

Extremos a ter en conta antes e no momento de comezar a escribir


No momento de poñerse a redactar calquera tipo de documento, cómpre ter en conta as seguintes cuestións:

a) ¿Cal é a finalidade do documento?, ¿que información se quere transmitir?
b) ¿Que persoas van le-lo texto?
c) ¿Cal é o xeito máis claro de transmiti-la información?

Unha vez contestadas estas preguntas é moi importante coidar tanto o contido coma a forma do texto. A continuación abordamos con carácter xeral como podemos realizar esta tarefa, propoñendo o seguinte esquema:

- Elección das palabras axeitadas

- Construcción de frases

- Elaboración do texto


    Claridade e simplicidade    |    Tipos de estilo