Biblioteca:
Manual de comunicación comercial


 

Os diferentes tipos de estilo


Nos anteriores apartados incidiamos na importancia de coidar tanto os formatos de papel coma a presentación de tódolos documentos que emitamos.

Existen diferentes organismos internacionais como a I.S.O (Organización Internacional de Normalización), a F.I.A. (Federación Internacional de Documentación), C.E.N. (Comité Europeo de Normalización), e estatais como o IRANOR (Instituto de Racionalización e Normalización), encargados de dicta-las normas sobre os distintos tipos de formatos que se deben utilizar.

Doutra banda, o xeito de distribuí-lo texto nas comunicacións comerciais tamén responde a uns criterios e normas establecidas. Ese conxunto de regras que rexen a composición dun texto reciben o nome de ESTILO da distribución.
As clases de estilo máis comúns son as seguintes:

Bloque extremo

Bloque modificado

Semibloqueado

Español


    Extremos a ter en conta    |    A Carta Comercial