Biblioteca:
Manual de comunicación comercial

Os diferentes tipos de estilo


 

Estilo bloque extremo


Tódalas partes integrantes do escrito comezan na marxe esquerda do papel, non empregando ningunha sangría. Unha vez fixadas as marxes iniciais, non debemos preocuparnos por tabuladores nin sangrías, o que permite unha gran rapidez.

Este estilo foi ideado polos americanos e utilízase, fundamentalmente, para a confección de cartas.

Para a elaboración dos modelos de documentos comerciais en galego optamos polo estilo bloque extremo por consideralo o máis estendido e o máis doado de aplicar.


    Bloque modificado