Biblioteca:
Manual de comunicación comercial

Extremos a ter en conta antes e no momento de comezar a escribir


 

Construcción de frases


Para a elección dunha frase combinarémo-la claridade co establecemento de boas relacións entre o emisor e o receptor.
Algúns principios importantes a seguir para a súa construcción son os seguintes:

1. Utilización de frases positivas e negativas.
Unha frase é positiva cando se incide no aspecto máis agradable e cando se expresa o que se pode facer en lugar de deterse no que resulta imposible.
As frases positivas soen proporcionar máis información cás negativas e, polo xeral, son mellor recibidas polo lector.

2. Utilizar unha linguaxe específica.
Dado que o principal obxectivo da linguaxe comercial é a claridade, debémos cinxirnos no posible a nomes e feitos concretos, evitanto a utilización de frases abstractas, ambiguas ou evasivas.

3. Frases curtas e longas.
As frases curtas adáptanse mellor á linguaxe comercial e coa súa utilización é máis difícil cometer erros. Sen embargo, é conveniente que haxa certa variedade nun texto: varias frases curtas seguidas fan que o texto pareza un telegrama. Debemos intentar manter un equilibrio, sen abusar das frases longas.

4. Outras indicacións:
- Para que unha palabra resalte no texto, hase colocar ó principio ou ó final
da frase.
- Nas enumeracións expresaranse tódolos elementos do mesmo xeito.


    Palabras axeitadas    |    Elaboración do texto