Biblioteca: Manual de comunicación comercial Extremos a ter en conta antes e no momento de comezar a escribir | ||
Elección das palabras axeitadas Para selecciona-las palabras debemos ter en conta os seguintes principios: 1. Utilizar palabras sinxelas, facilitando sempre a comprensión da mensaxe por parte do receptor. Non é conveniente utilizar sinónimos pouco frecuentes de palabras comúns e familiares. Tratar de impresiona-lo lector co seu uso produce, normalmente, o efecto contrario. 2. Axustarse ós feitos. Non debemos mostrarnos seguros en relación con feitos que só son posibles, nin esaxerar na utilización de adxectivos e superlativos. 3. Ser breve. Debemos busca-lo xeito de nos expresar con claridade evitando as repeticións e alusións a feitos que son evidentes. | ||
Construcción de frases |