Biblioteca:
Manual de comunicación comercial

A carta comercial


 

Criterios específicos de presentación da carta comercial


Ademáis dos principios xerais de presentación dun texto indicados no primeiro capítulo, debemos ter en conta o seguinte:

- Antes de comezar a escribir unha carta débese calcular, de xeito aproximado, o que vai ocupar para ve-la proporción entre o tamaño da carta e o do papel, poder selecciona-las marxes axeitadas e a separación entre liñas e entre parágrafos.

- En canto ás marxes cómpre sinala-lo seguinte:

A marxe superior será igual ó que ocupe a cabeceira máis unhas tres liñas como mínimo. A inferior non debe ser moi grande, xa que se vería moito espacio en branco, nin moi pequena, de xeito que a sinatura apareza pegada ó bordo final. No caso de continua-la carta noutra folla, a marxe inferior será duns 2 centímetros aproximadamente.
A marxe esquerda pode oscilar entre 3 e 5 centímetros, ou ben entre 16 e 19 espacios de barra espaciadora. A da dereita adoita oscilar entre 1 e 2 centímetros, ou ben 6 ou 9 espacios de barra espaciadora.

- Se se utilizan varias follas, procederemos do seguinte xeito: poñeremos ó final do papel, á dereita, o signo ./...; ó comezo da seguinte o signo .../.; e ó final do escrito ./.
Para segundas e sucesivas follas, utilizarémo-lo mesmo tamaño e clase de papel, pero só terá impreso na parte superior o nome da empresa e, na parte dereita, o número de folla que corresponda.


  Estructura