Lexislación:
Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos


 

Título Segundo

Réxime lingüístico xeral


SECCIÓN III
Onomástica

Artigo 31
Toda comunidade lingüística ten dereito a preservar e usar en tódolos ámbitos e ocasións o seu sistema onomástico.

Artigo 32
1. Toda comunidade lingüística ten dereito a facer uso dos topónimos na lingua propia do territorio, nos usos orais e escritos, e nos ámbitos privados, públicos e oficiais.

2. Toda comunidade lingüística ten dereito a establecer, preservar e revisa-la toponimia autóctona. Esta non pode ser suprimida, alterada ou adaptada arbitrariamente, como tampouco pode ser substituída en caso de cambios de conxunturas políticas ou doutro tipo.

Artigo 33
Toda comunidade lingüística ten dereito a autodesignarse na súa lingua. Así pois, calquera traducción a outras linguas debe evita-las denominacións confusas ou despectivas.

Artigo 34
Toda persoa ten dereito ó uso do seu antropónimo na lingua que lle é propia e en tódolos ámbitos, e a unha transcrición foneticamente tan fiel como sexa posible a outro sistema gráfico cando sexa necesario.


  Sección II   |   Sección IV