Lexislación: Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos | ||
Título Segundo Réxime lingüístico xeral SECCIÓN V Cultura Artigo 41 1. Toda comunidade lingüística ten dereito a usa-la súa lingua e a mantela e potenciala en tódalas expresións culturais. 2. O exercicio deste dereito debe poder desenvolverse plenamente sen que o espacio de ningunha comunidade sexa ocupado de maneira hexemónica por unha cultura allea. Artigo 42 Toda comunidade lingüística ten dereito a desenvolverse plenamente no propio ámbito cultural. Artigo 43 Toda comunidade lingüística ten dereito a acceder ás obras producidas na súa lingua. Artigo 44 Toda comunidade lingüística ten dereito a acceder ás programacións interculturais, a través da difusión dunha información suficiente, e que se apoien as actividades de aprendizaxe para estranxeiros/as ou de traducción, dobraxe, post-sincronización e subtitulado. Artigo 45 Toda comunidade lingüística ten dereito a que a lingua propia do territorio figure nun sitio prioritario nas manifestacións e servicios culturais tales como bibliotecas, videotecas, cines, teatros, museos, arquivos, producción informática, folclore, industrias culturais, e tódalas outras expresións que deriven da realidade cultural. Artigo 46 Toda comunidade lingüística ten dereito á preservación do seu patrimonio lingüístico e cultural, incluídas as manifestacións materiais como por exemplo os fondos documentais, herdanza artística, arquitectónica e monumental, e presencia epigráfica da súa lingua. | ||
Sección IV | Sección VI |