Lexislación: Educacion Decreto 247/1995, do 14 de setembro, polo que se desenvolve a Lei 3/1983, de normalización lingüística, para a súa aplicación ó ensino en lingua galega nas ensinanzas de réxime xeral impartidas nos diferentes niveis non universitarios. | ||
Capítulo I Réxime lingüístico xeral O galego, lingua oficial da Administración educativa en Galicia. Artigo 1º 1.- A Administración educativa de Galicia e os centros de ensino dela utilizarán a lingua galega e fomentarán o seu uso tanto nas súas relacións mutuas e internas como nas que manteñan coas administracións territoriais e locais galegas e coas demais entidades públicas e privadas de Galicia. 2.- Os documentos administrativos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións e dos centros de ensino dependentes dela faranse en galego, e neles constará o nome do centro e o topónimo do municipio ou entidade de poboación na súa forma oficial. 3.- As actuacións administrativas de réxime interno dos centros docentes, tales como actas, comunicados e anuncios, redactaranse en galego. Tamén se redactarán en galego as actuacións administrativas que se realicen a solicitude de persoa interesada, agás nos casos en que esta pida que se fagan en castelán. 4.- A documentación que teña que surtir efecto fóra da Comunidade Autónoma traducirase ó castelán, segundo se establece no artigo 36 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento adminsitrativo común. Artigo 2º 1.- A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, é o departamento administrativo competente para organizar, coa colaboración -se é o caso- doutras institucións, especialmente da Escola Galega de Administración Pública, cursos de galego tanto para o persoal docente como non docente da Administración educativa, co fin de que acaden un grao de dominio da lingua galega que facilite o exercicio do dereito a usala, así como para facer un uso correcto dela dentro do ámbito académico e ademais para lles garantir satisfactoriamente ese dereito ás persoas que teñen relación coa Adminsitración educativa. | ||
Capítulo II |