Lexislación:
Educación


 

Decreto 247/1995, do 14 de setembro, polo que se desenvolve a Lei 3/1983, de normalización lingüística, para a súa aplicación ó ensino en lingua galega nas ensinanzas de réxime xeral impartidas nos diferentes niveis non universitarios.


1. A lingua constitúe unhas das bases esenciais da identidade do pobo e o máis forte vencello de unión entre as súas xentes. A lingua propia de Galicia é o galego (Art. 5 do Estatuto de autonomía). Como un eido privilexiado da aprendizaxe da lingua é o ensino, cómpre arbitrar mandatos que garantan esa aprendizaxe e axuden a unha implantación de hábitos lingüísticos a prol do idioma galego, idioma que, co castelán, é oficial na Comunidade Autónoma, de acordo co estatuto (Art. 3 da Constitución).

2. O Parlamento de Galicia, con data do 15 de xuño de 1983, aprobou a Lei 3/1983, de normalización lingüística. A devandita norma revela o afán de xeneralizar no seo da Comunidade galega o uso do galego como idioma propio de Galicia, cooficial co castelán.

O artigo 1 da lei citada establece o dereito dos galegos a coñeceren e usaren a súa propia lingua. O artigo 2 declara a cooficialidade, para a Comunidade Autónoma, do galego e do castelán. O título III establece os principios xerais do ensino en lingua galega e determina (artigo 12) que o galego é tamén lingua oficial no ensino a tódolos niveis e que a Xunta de Galicia regulamentará a normalización do uso das linguas oficiais no ensino. Así mesmo o artigo 13 asegura o dereito de tódolos nenos e nenas a recibiren o primeiro ensino na súa lingua materna.

3. Os decretos 426/1991, do 12 de decembro, 245/1992, do 30 de xullo, 78/1993, do 25 de febreiro, e 275/1994, do 29 de xullo, polos que se establecen os currícula da educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, determinan como unha das finalidades de cada nivel educativo a utilización, de xeito apropiado, das linguas oficiais no ensino.

É necesario adapta-la normativa da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, de normalización lingüística, ó novo marco de aplicación da Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e seguir contribuíndo a que sexan realidade os obxectivos fixados na citada Lei de normalización lingüística, salientando o que dispón o artigo 14.3º. as autoridades educativas da Comunidade Autónoma garantirán que ó remate dos ciclos en que o ensino do galego é obrigatorio, os alumnos coñezan este, nos seus niveis oral e escrito, en igualdade co castelán.

Por todo o anterior, por proposta do Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logo do dictame do Consello Escolar de Galicia e de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa sesión do catorce de setembro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO

Capítulo I

Capítulo II

Disposicións transitorias, derrogatoria e derradeira