Lexislación:
Educacion

Decreto 247/1995, do 14 de setembro, polo que se desenvolve a Lei 3/1983, de normalización lingüística, para a súa aplicación ó ensino en lingua galega nas ensinanzas de réxime xeral impartidas nos diferentes niveis non universitarios.


 

Disposicións transitorias, derrogatoria e derradeira


Disposicións transitorias

Primeira.- En canto non se extingan as ensinanzas de 7º e 8º de educación xeral básica, bacharelato unificado e polivalente, curso de orientación universitaria e formación profesional de primeiro e segundo grao, impartiranse en galego as áreas ou materias que se establecen no Decreto 135/1983, do 8 de setembro, polo que se desenvolve para o ensino, a Lei 3/1983, de normalización lingüística e a Orde do 1 de marzo de 1989 pola que se desenvolve o Decreto 135/1983, do 8 de setembro, sobre aplicación da lei do 15 de xuño de normalización lingüística.

Segunda.- Cando por razóns de organización do persoal docente dos centros existan dificultade xusficadas no curso académico 1995-1996, para a aplicación inmediata do establecido nos artigos 4º.3, 5º e 6º do presente decreto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá concede-lo prazo de ata un ano para facer efectivo o disposto nos citados artigos.



Disposición derrogatoria

Única.- Queda derrogado o Decreto 135/1983, do 8 de setembro, sobre aplicación da Lei 3/1983, do 15 de xuño de normalización lingüística; a Orde do 1 de marzo de 1988, pola que se desenvolve o Decreto 135/1983, do 8 de setembro, sobre a aplicación da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, así como cantas normas de igual ou inferior rango se opoñan ó disposto neste decreto, sen prexuízo do establecido na disposición transitoria deste mesmo decreto.



Disposicións derradeiras

Primeira.- Facúltase ó Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dicta-las disposicións necesarias para a execución e o desenvolvemento do establecido neste decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia

Santiago de Compostela, catorce de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne
Presidente

Juan Piñeiro Permuy
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.


  Capítulo II