Lexislación:
Europea

Proxecto da Carta Europea das Linguas rexionais ou minoritarias aprobada polo Comité de Ministros do Consello de Europa


 

Parte V


DISPOSICIÓNS FINAIS.

Artigo 19

A presente Carta queda aberta á sinatura dos Estados membros do Consello de Europa. Esta sinatura someterase a ratificación, aceptación ou aprobación. Os instrumentos de ratificación, aceptación ou aprobación serán conservados polo Secretario Xeral do Consello de Europa.

Artigo 20

1. A presente Carta entrará en vigor o primeiro día do mes que siga á expiración dun período de tres meses, a partir da data en que cinco Estados membros do Consello de Europa teñan expresado o propio consentimento a seren vinculados pola Carta, de acordo coas disposicións do artigo 19.
2. Con respecto a calquera Estado membro que expresara posteriormente o seu constentimento a ser vinculado pola Carta, esta entrará en vigor o primeiro día do mes que siga á expiración dun período de tres meses logo da data en que se rexistrou o instrumento de ratificación, aceptación ou aprobación.

Artigo 21

1. Despois da entrada en vigor da presente Carta, o Comité de Ministros do Consello de Europa poderá convidar a calquera Estado non membro do Consello a se adherir a ela.
2. Polo que se refire a calquera Estado que se adhira á Carta entrará en vigor o primeiro día do mes que siga á expiración dun período de tres meses, a partir da data en que se rexistrou o instrumento de adhesión ante o Secretario Xeral do Consello de Europa.

Artigo 22

Non se admite ningunha reserva ás disposicións da presente Carta.

Artigo 23

1. Calquera Parte pode, en todo momento, denuncia-la presente Carta dirixíndolle notificación ó Secretario Xeral do Consello de Europa.
2. A denuncia terá efecto o primeiro día que siga á expiración dun período de seis meses, a partir da data en que o Secretario Xeral recibise a notificación.

Artigo 24

O Secretario Xeral do Consello de Europa dará a coñecer ós Estados membros do Consello e a calquera outro Estado que se teña adherido á presente Carta:
a) Tódalas sinaturas;
b) O rexistro de calquera instrumento de ratificación, de aprobación ou de adhesión;
c) Cada unha das datas de entrada en vigor da presente Carta, de acordo cos seus artigos 20 e 21;
d) Calquera notificación recibida en aplicación das disposicións do artigo 3, parágrafo 3;
e) Calquera outro acto, notificación ou comunicación relacionadas coa presente Carta.


  Parte IV