Lexislación:
Europea

Proxecto da Carta Europea das Linguas rexionais ou minoritarias aprobada polo Comité de Ministros do Consello de Europa


 

Parte IV


APLICACIÓN DA CARTA.

Artigo 16. Informes periódicos.

1. As Partes presentaranlle ó Secretario Xeral do Consello de Europa, na forma que determinará o Comité de Ministros, un informe trianual sobre as medidas tomadas en virtude da Parte II da presente Carta e sobre a aplicación das disposicións da Parte III que teñan aceptadas.
2. As Partes publicarán os seus informes.

Artigo 17. Exame dos Informes.

1. Os Informes presentados ó Secretario Xeral do Consello de Europa, en aplicación do art. 16, serán examinados por un comité de expertos constituído de acordo co art. 18.
2. Os organismos ou asociacións legalmente establecidos nunha Parte contratante poderán chama-la atención do comité de expertos sobre cuestións relacionadas con compromisos adquiridos por esta Parte, en virtude da Parte III da presente Carta. Despois de o ter verificado perante a Parte interesada, o comité de expertos poderá ter presentes estas informacións do informe comtemplado no parágrafo 3 do presente artigo.
3. Sobre a base dos informes contemplados no parágrafo 2, o Comité de expertos preparará un informe á atención do Comité de Ministros. Este informe hase acompañar das observacións que as Partes serán convidadas a formular e pode ser publicado polo Comité de Ministros.
4. O informe contemplado no parágrafo 3 conterá especialmente as propostas do Comité de expertos dirixidas ó Comité de Ministros, con vista á necesaria preparación da recomendación deste a unha ou diversas Partes.
5. O Secrretario Xeral do Consello de Europa fará un informe bianual detallado á Asemblea Parlamentaria sobre a aplicación da Carta.

Artigo 18. Comité de Expertos.

1. O Comité de expertos estará formado por un membro de cada Estado contratante designado polo Comité de Ministros, sobre a base dunha lista de persoas da máis alta integridade, dunha competencia recoñecida nas materias tratadas por esta Carta, e propostas pola Parte afectada.
2. Os membros do comité serán nomeados por un período de seis anos e o seu mandato poderá ser renovado. Se un membro non pode cumpri-lo seu mandato, será substituído de acordo co procedemento previsto no parágrafo 1, e o membro nomeado como substituto acabará o período de mandato do seu predecesor.
3. O comité de expertos adoptará o seu regulamento interno. O seu secretariado será asegurado polo Secretario Xeral do Consello de Europa.


  Parte III    |    Parte V