Lexislación: Europea Proxecto da Carta Europea das Linguas rexionais ou minoritarias aprobada polo Comité de Ministros do Consello de Europa Parte III | ||
Artigos 8 e 9 Artigo 8. Eliminación da discriminación. As Partes comprométense a eliminar, se aínda non o teñen feito, calquera forma de discriminación respecto do uso das linguas rexionais ou minoritarias nas materias cubertas desde o artigo 9 ó artigo 15. Artigo 9. Ensino. Polo que se refire ó ensino, as Partes comprométense, no ámbito territorial onde estas linguas son practicadas, e segundo a situación de cada unha destas linguas, a: a) 1. prever unha educación preescolar que sexa asegurada totalmente nas linguas rexionais ou minoritarias; 2. prever que unha parte substancial da educación preescolar sexa asegurada nas linguas rexionais ou minoritarias; ou 3. aplica-las medidas contempladas nos apartados 1 e 2 deste artigo, polo menos a aqueles alumnos con familias que o desexen e que sexan un número que se estime suficiente; ou 4. se os poderes públicos non teñen competencia directa no terreo da educación preescolar, favorecer e/ou incitar á aplicación das medidas contempladas nos parágrafos 1, 2, 3 deste apartado; b) 1. prever un ensino primario que sexa asegurado totalmente nas linguas rexionais ou minoritarias; ou 2. prever que unha parte substancial do ensino primario sexa asegurada nas linguas rexionais ou minoritarias; ou 3. prever, no marco da educación primaria, o ensino das linguas rexionais ou minoritarias como parte integrante do currículo; ou 4. aplica-las medidas contempladas nos parágrafos 1, 2 e 3 deste apartado, polo menos ós alumnos con familias que o desexen e que sexan un número que se estime suficiente; c) 1. prever un ensino secundario que sexa asegurado nas linguas rexionais ou minoritarias; ou 2. prever, que unha parte substancial do ensino secundario sexa asegurado nas linguas rexionais ou minoritarias; ou 3. prever, no marco da educación secundaria, o ensino das linguas rexionais ou minoritarias, como parte integrante do currículo; ou 4. aplica-las medidas contempladas desde o parágrafo 1 ó 3 deste apartado, polo menos ós estudiantes que, en número que se estime suficiente, o desexen; d) 1. prever un ensino técnico e profesional que sexa asegurado totalmente nas linguas rexionais ou minoritarias; ou 2. prever que unha parte substancial do ensino técnico e profesional sexa asegurado nas linguas rexionais ou minoritarias; ou 3. prever, no marco da educación técnica e profesional, o ensino das linguas rexionais ou minoritarias, como parte integrante do currículo; ou 4. aplica-las medidas contempladas nos parágrafos 1, 2, 3 deste apartado, polo menos ós estudiantes que, en numero suficiente, o desexen; e) 1. prever un ensino universitario e outras formas de ensino superior nas linguas rexionais ou minoritarias; ou 2. preve-lo estudio destas linguas como disciplinas do ensino universitario e superior; 3. se, a causa do papel do Estado a respecto das institucións do ensino superior, os parágrafos 1) e 2) non poden ser aplicados, animar e/ou autoriza-la aplicación dun ensino universitario ou outras formas de ensino superior nas linguas rexionais ou minoritarias, ou poñe-los medios que permitan o estudio desas linguas na universidade ou noutras institucións de ensino superior; f) 1. toma-las disposicións para dar cursos de educación ós adultos ou de educación permanente que sexan asegurados principalmente ou totalmente nas linguas rexionais ou minoritarias; ou 2. propoñer esas linguas como disciplinas da educación dos adultos e da educación permanente; ou 3. se os poderes públicos non teñen a competencia directa no terreo da educación dos adultos, favorecer e/ou anima-lo ensino desas linguas, no marco da educación dos adultos e da educación permanente; g) toma-las disposicións para asegura-lo ensino da historia e máis da cultura, das cales a lingua rexional ou minoritarias é a expresión; h) asegura-la formación inicial e permanente dos mestres necesaria para a aplicación dos parágrafos a)-g) aceptados pola Parte contratante; i) encargarlle a un órgano de control ou a diferentes órganos de control o seguemento das medidas tomadas e dos progresos realizados na institución ou o desenvolvemento do ensino das linguas rexionais ou minoritarias, e o establecemento sobre estes puntos de informes periódicos que serán publicados; 2. en materia de ensino, e polo que se refire a outros territorios diversos en que as linguas rexionais ou minoritarias son tradicionalmente practicadas, as Partes comprométense a autorizar, animar ou prever, se o número de falantes dunha lingua rexional ou minoriaria o xustificara, un ensino da lingua rexional ou minoritaria nos niveis apropiados do ensino. | ||
Artigo 10 |