Lexislación:
Europea

Proxecto da Carta Europea das Linguas rexionais ou minoritarias aprobada polo Comité de Ministros do Consello de Europa

Parte III


 

Artigo 10


Xustiza e relacións xurídicas.

1. As Partes comprométense, polo que se refire ás circunscricións das autoridades xudiciais nas que resida un número de persoas que practiquen as linguas rexionais ou minoritarias e que xustifiquen as medidas que veñen a seguir, e segundo a situación de cada unha destas linguas, a:

a) nos procedementos penais:

1. prever que as autoridades e servicios xudiciais, se o demandase unha das partes, utilicen as linguas rexionais ou minoritarias; e/ou
2. garantirlle ó acusado o dereito de se expresar na súa lingua rexional ou minoritaria; e/ou
3. prever que os requirimentos e as probas escritas ou orais non se consideren inválidas simplemente porque están relacionadas cunha lingua rexional ou minoritaria; e/ou
4. redactar nestas linguas rexionais ou minoritarias, cando fose demandado, as actas ligadas a un procedemento xudicial, se cumprise recorrendo a intérpretes e a traduccións que non lles supoñan gastos suplementarios ós interesados;


b) nos procedementos civís:

1. prever que as autoridades e servicios xudiciais, se o demandara unha das partes, utilicen as linguas rexionais ou minoritarias; e/ou
2. permitir, cando unha das partes en litixio deba comparecer en persoa perante un tribunal, que se exprese na súa lingua rexional ou minoritaria sen que isto lle implique gastos suplementarios; e /ou
3. permiti-la producción de documentos e probas nas linguas rexionais ou minoritarias, recorrendo a intérpretes e a traduccións, se fose preciso;


c) tomar medidas a fin de que a aplicación dos parágrafos 1) e 3) do apartado b) e o uso eventual de intérpretes e de traduccións non lles supoñan gastos suplementarios ós interesados.



2. As Partes comprométense a:

a) non refusa-la validez das actas xurídicas establecidas no Estado polo só feito de que estean redactadas nunha lingua rexional ou minoritaria; ou

b) non refusa-la validez, entre as partes, das actas xurídicas establecidas no Estado polo só feito de que estean redactadas nunha lingua rexional ou minoritaria e prever que sexan contrarias a terceiros interesados non falantes destas linguas, a condición de que aquel que fai vale-la acta dea a estes terceiros a posibilidade de coñece-lo contido da acta.

c) non refusa-la validez, entre as partes, das actas xurídicas establecidas no Estado, polo só feito de que estean redactadas nunha lingua rexional ou minoritaria.



3. As Partes comprométense a facer accesibles, nas linguas rexionais ou minoritarias, os textos xurídicos nacionais máis importantes e os que se refiren particularmente ós falantes destas linguas, agás que estes textos estean dispoñibles xa noutro lugar.


  Artigos 8 e 9    |    Artigo 11