Lexislación: Europea Proxecto da Carta Europea das Linguas rexionais ou minoritarias aprobada polo Comité de Ministros do Consello de Europa Parte III | ||
Artigo 11 Autoridades administrativas e servicios públicos. 1. Nas circunscricións administrativas estatais dentro das cales habita un número de falantes das linguas rexionais ou minoritarias que xustifiquen as medidas seguintes, e de acordo coa situación de cada lingua, as Partes comprométense, en tanto que sexa razonablemente posible, a: a) 1. velar por que as autoridades administrativas utilicen as linguas rexionais ou minoritarias; ou 2. velar por que os axentes que estean en contacto co público usen as linguas rexionais ou minoritarias, nas súas relacións coas persoas que se dirixan nestas linguas; ou 3. velar por que os falantes das linguas rexionais ou minoritarias poidan presenta-las súas peticións orais ou escritas e recibir unha resposta nestas linguas; ou 4. velar por que os falantes das linguas rexionais ou minoritarias poidan presentar peticións orais ou escritas nestas linguas; ou 5. velar por que os falantes das linguas rexionais ou minoritarias poidan presentar validamente un documento redactado nestas linguas; b) poñer a disposición da poboación formularios e textos administrativos de uso corrente nas linguas rexionais ou en versións bilingües; c) permitirlles ás autoridades administrativas que redacten documentos nunha lingua rexional ou minoritaria. 2. Polo que se refire ás autoridades locais e rexionais dos territorios en que habita un número de falantes das linguas rexionais ou minoritarias que xustifiquen as medidas seguintes, as Partes comprométense a permitir e/ou fomentar: a) a utilización das linguas rexionais ou minoritarias no marco da administración rexional ou local; b) a posibilidade de que os falantes das linguas rexionais ou minoritarias presenten peticións orais ou escritas nestas linguas; c) a publicación, por parte das colectividades rexionais, dos textos oficiais que teñen a súa orixe tamén nas linguas rexionais ou minoritarias; d) a publicación, por parte das colectividades locais, dos textos oficiais que teñen a súa orixe tamén nas linguas rexionais ou minoritarias. e) a utilización, por parte das colectividades rexionais, das linguas rexionais ou minoritarias nos debates das súas asembleas, sen excluír, porén, a utilización da(s) lingua(s) oficial(-ais) do Estado; f) a utilización, por parte das colectividades locais, das linguas rexionais ou minoritarias nos debates das súas asembleas, sen excluír, porén a utilización da(s) lingua(s) oficial(-ais) do Estado; g) a utilización ou a adopción das formas correctas dos patronímicos cando o solicitasen os interesados, nas linguas rexionais ou minoritarias; h) a utilización ou a adopción, conxuntamente, se cómpre, coa denominación na(s) lingua(s) oficial (-ais) , das formas tradicionais e correctas da toponimia nas linguas rexionais ou minoritarias. 3. Polo que se refire ós servicios públicos, asegurados polas autoridades administrativas ou por persoas que actúan en nome delas, as Partes contratantes comprométense, nos territorios dentro dos cales as linguas rexionais ou minoritarias son practicadas, en función da situación de cada lingua e na medida en que sexa razonablemente posible, a: a) velar por que as linguas rexionais ou minoritarias sexan usadas cando se presten servicios; ou b) permitirlles ós falantes das linguas rexionais ou minoritarias formularen unha petición e recibiren unha resposta nestas linguas; ou c) permitirlles ós falantes das linguas rexionais ou minoritarias formularen unha petición nestas linguas. 4. Ó fin de poñer en práctica as disposicións dos parágrafos 1, 2 e 3 que as Partes aceptan, estas comprométense a tomar unha ou algunha das medidas seguintes: a) a traducción ou a interpretación que eventualmente se pidan; b) o recrutamento e, se cumprise, a formación dos funcionarios e doutros axentes públicos necesarios; c) a resposta positiva, na medida do posible, ás demandas dos axentes públicos que teñen o coñecemento dunha lingua rexional ou minoritaria, de seren afectados no territorio en que esta lingua é practicada. | ||
Artigos 10 | Artigo 12 |