Lexislación:
Europea

Proxecto da Carta Europea das Linguas rexionais ou minoritarias aprobada polo Comité de Ministros do Consello de Europa

Parte III


 

Artigo 15


Intercambios transfronteirizos.

1. As Partes comprométense a:

a) aplica-los acordos bilaterais e multilaterais existentes que os vinculen ós Estados en que a mesma lingua é practicada dunha maneira idéntica ou próxima, ou esforzarse en concertalos, se fose preciso, con vista a favorece-los contactos entre os falantes da mesma lingua nos Estados atinxidos, nos terreos da cultura, do ensino, da información, da formación profesional e da educación permanente;

b) en ben das linguas rexionais ou minoritarias, facilitar e/ou promove-la cooperación a través das fronteiras, nomeadamente entre colectividades rexionais ou locais no territorio das cales a mesma lingua é practicada dunha maneira idéntica ou próxima.


  Artigos 14