Lexislación: Europea Proxecto da Carta Europea das Linguas rexionais ou minoritarias aprobada polo Comité de Ministros do Consello de Europa Parte III | ||
Artigo 13 Actividades e equipamentos culturais. 1. No ámbito de equipamentos e actividades culturais -sobre todo das bibliotecas, videotecas, centros culturais, museos, arquivos, academias, teatros, cines e outros, así como da produción literaria e cinematográfica, da expresión cultural popular, de festivais, das industrias culturais, incluíndo entre outras a utilización das novas tecnoloxías- as Partes comprométense, naquilo que se refire ó territorio sobre o cal estas linguas son practicadas e na medida en que as autoridades públicas teñan poderes ou unha función dentro deste campo, a: a) fomenta-la expresión e as iniciativas propias das linguas rexionais ou minoritarias e favorece-los diferentes medios de acceso ás obras producidas nestas linguas; b) favorece-los diversos medios de acceso noutras linguas ás obras producidas nas linguas rexionais ou minoritarias, axudando e desenvolvendo as actividades de traducción, dobraxe, post-sincronización e subtitulación; c) velar por que os organismos encargados de emprenderen ou de axudaren ás actividades culturais, baixo as súas diversas formas, integren nunha medida axeitada o coñecemento e a utilización das linguas e culturas rexionais ou minoritarias, nas accións nas cales teñen a iniciativa ou ás que aportan o seu soporte; d) favorecer que os organismos encargados de axudar ou emprende-las actividades culturais, dispoñan dun persoal que domine a lingua rexional ou minoritaria, ademais da(s) lingua (s) do resto da poboación; e) favorece-la participación directa, naquilo que atinxe ós equipamentos e ós programas de actividades culturais, de representantes dos que falan a lingua rexional ou minoritaria. f) fomentar e/ou facilita-la creación dun ou dalgúns organismos encargados de recoller, recibir en depósito e presentarlle ó público as obras poducidas nas linguas rexionais ou minoritarias; g) eventualmente, crear e /ou pomover e financiar servicios de traducción e de investigación terminolóxica con vista, sobre todo, a manter e desenvolver unha terminoloxía administrativa, comercial, económica, social, tecnolóxica ou xurídica adaptada a cada lingua rexional ou minoritaria. 2. Polo que se refire ós outros territorios diversos daqueles nos que tradicionalmente as linguas rexionais ou minoritarias son practicadas, as Partes comprométense a autorizar, fomentar e/ou promover, se o número dos falantes dunha lingua rexional ou minoritaria o xustificara, actividades ou equipamentos culturais apropiados, conforme ó parágrafo anterior. 3. As Partes comprométense, nas súas políticas culturais no estranxeiro, a dar un lugar apropiado ás linguas rexionais ou minoritarias e á cultura da que son expresión. | ||
Artigos 12 | Artigo 14 |